SEMANA DO 4 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello, everyone! 👋 How are you? 😊

Seguimos traballando unha semana máis. Desta vez propóñovos o seguinte:

1) Let's start with music! Na páxina 44 do Class Book tes a canción do tema. 
O título é "Walk tall", que se o traducimos literalmente sería "Camiña alto". Que quererá dicir? Hai un adxectivo que vimos neste tema que está relacionado, sabes cal pode ser? Trátase de "confident". "To be confident" (Estar seguro dun mesm@) podemos dicir que é sinónimo de "walk tall". 
  • Primeiro, mira a letra da canción e escribe na túa libreta a opción en negriña que pensas que é a correcta en cada número. Podes facer algo así, practicando tamén a data:
  • Logo, aquí che deixo a canción para que a escoites e tamén poidas comprobar as respostas anteriores:

  • Despois, escribe as tres oracións do exercicio 3 que tamén son sobre a canción e di se son "true" ou "false". 
2) Seguindo coa canción, na páxina 44 do Activity Book podes facer os exercicios 1 e 2 como facíamos sempre na clase.

3) Por último, para que non te esquezas dos adxectivos, tes que facer a seguinte actividade na libreta. Pónlle como título: Comparative sentences chain.
A actividade vai consistir en ordenar unhas imaxes como queiras, e ir comparando a que vas engadindo xusto coa que puxeches antes.
Intenta empregar diferentes adxectivos de cada vez. Aquí che deixo unha lista que che pode axudar a maiores dos que xa coñeces do tema (generous, careful, kind...). Fíxate no número de sílabas e se rematan en -y para facer ben o comparativo!


  • Mira as seguintes imaxes, elixes dúas delas para comezar a cadea e escribes unha frase comparándoas.

  • Despois, elixes outra imaxe distinta, e escribes unha frase comparándoa xusto coa anterior imaxe que puxeches.
  • A continuación, volves facer o mesmo, elixes outra imaxe que non usaras e compárala xusto coa que engadiches antes. Así ata que remates de usar todas as imaxes e che queden un total de 7 oracións.
Como cada persoa pode facer as oracións de forma distinta, podes facerlle unha foto a este exercicio e envíasma para correxir pola aplicación ClassDojo ou por correo. O resto sobre a canción non fai falta, xa que subirei as respostas outra vez ao final da semana.

Have a good week!😀