SEMANA DO 18 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello again!👋
Recórdovos que podedes pasar polo apartado de solucións para correxir as actividades da semana anterior.

Para esta nova semana:

1) Estamos a piques de rematar o tema! 💪Recordas o tema do listening da semana pasada? Pois continuamos falando de xente á que admiramos. Pero hoxe, en vez de escoitar, toca traballalo por escrito. Podes facer a páxina 46 do Activity Book.
No 2 tes que numerar as imaxes en orde seguindo o texto. No 3 tes que completar a táboa como o exemplo, pero quitando a información do texto do exercicio de arriba (2). No 4 tes que completar o texto pero quitando a información da táboa do exercicio anterior (3).

2) And now... it's your turn! (E agora... é o teu turno!). Pensa nunha persoa á que admires por algo, pode ser alguén famoso, alguén que coñezas ou alguén da túa familia.

  • Primeiro: a modo esquema completa a táboa que tes no exercicio 5 da páxina 47 do mesmo libro. Fíxate na táboa da páxina anterior e neste exemplo que che deixo a continuación para axudarte. Se hai algunha información que non sabes, podes inventala. 

  • Segundo: tes que escribir as oracións sobre a información que puxeches antes. Podes facelo no exercicio 6 (e se non che colle, sigues o modelo e falo na libreta). Na última columna desta imaxe podes ver como podemos escribir cada oración:
👀☝IMPORTANT! Cando falamos dos anos pasados, as oracións teñen que estar en pasado (fíxate nos exemplos); e cando falamos de hoxe (today), a oración está no presente. 



Podes enviarme SÓ este último exercicio por correo. Os exercicios da páxina 46 non fai falta, poderás correxilos coas respostas que subirei na fin de semana coma sempre.
REGARDS! 😊😊(Saúdos!)