SEMANA DO 11 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hi, everyone!👋 How are you this week?

Igual xa o vistes, pero deixéivos as respostas da semana pasada no apartado de solucións. Botádelles un ollo para correxir as vosas.

Para esta semana propóñovos:

1) Comeza cun "listening" (exercicio de escoitar) na páxina 46 do Class Book
Como xa sabes, ao final de cada tema os personaxes que nos acompañan (Dex, Tara...) realizan un traballo. Desta vez, nel teñen que falar dunha persoa que admiran. 
Neste "listening", Dex vai entrevistar a Tara para preguntarlle por esa persoa que ela admira.
  • Primeiro, pon a data na libreta e fai o exercicio 1. Escribes as palabras e tes que rodear as que NON se mencionan no audio. Aquí o tes para escoitar:

  • Despois, da mesma páxina fai o exercicio 2. Tes que copiar as oracións e rodear a palabra correcta. Para iso, volve a escoitar o audio de antes outra vez.
2) Na mesma páxina, pasa ao exercicio 3. Tamén na libreta, pon de enunciado "Ask and answer." Logo, respondes as preguntas de abaixo seguindo o exemplo da primeira. 
👀☝RECORDA O PAST SIMPLE! 


3) Por último, fai o exercicio 4 da mesma páxina. NON copies o texto. Escribe os números e xa as opcións correctas.

Durante a fin de semana teredes as respostas para que poidades correxir coma sempre. Calquera dúbida con algún exercicio contactade comigo! 
Take care!! 😊😊