WELCOME

Ola a tod@s e benvid@s!

Como parece ser que continuamos uns días máis polas casas, creei este blog onde vos subirei cousiñas para que sigades en contacto co Inglés e non vos esquezades nin do idioma nin de min! 😂 Espero que vos sirva de axuda!

A comezos de cada semana propoñereivos algo para facer. No caso de que teñades que facer algún exercicio escrito subireivos a solución durante a fin de semana para que poidades correxilos.

Se tedes calquera dúbida ou queredes poñervos en contacto comigo polo motivo que sexa, podedes facelo a través do seguinte correo:
letiramos.teacher@gmail.com

Ánimo e moitos bicos! Espero vervos axiña!

SEMANA 15 XUÑO - FIN DE CURSO

Hello, everyone! 👋

Como xa sabedes, esta semana sería a última semana de curso. Por iso, aínda que non vos vou pedir tarefas para que me enviedes, si que vos traio algunha que outra cousiña:

1) Primeiro, antes de nada, gustaríame que vísedes o seguinte vídeo no que vos envío unha mensaxe:


2) Segundo, déixovos aquí algúns enlaces a cancións e xogos sobre vocabulario relacionado co verán, por se queredes entretervos un pouquiño esta semana con algún deles:
3) Por último, quero dicirvos unha vez máis: GRAZAS. Non só a vós, alumnos e alumnas, senón tamén ás vosas familias que nos estiveron axudando a seguir en contacto durante estes últimos meses.
Foi un pracer traballar con vós. 😉
Ao longo destes días intentarei contestarvos algúns correos que me faltan. Se queda algo pendente, seguides tendo o meu correo para contactar comigo para o que precisedes: 
letiramos.teacher@gmail.com 

FELICES VACACIÓNS!
ENJOY THE SUMMER!🌞🏖

Solucións 6º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning!

Aquí vos deixo as respostas dos exercicios escritos que non tiñades que enviarme. Se hai algunha que non vos cadre, preguntádeme.


  • Activity Book, page 96:



Solucións 5º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning! 

Aquí tedes as respostas das tarefas desta semana para poder correxilas. Calquera resposta que non entendades ou non vos cadre, enviádeme un correo.


  • Activity Book, page 61 (4): 

  • Activity Book, page 90:




Solucións 4º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning!

Aquí vos deixo algunhas das respostas das tarefas da semana:


  • Activity Book, page 78:


  • Activity Book, page 55:

Solucións 3º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning!

Aquí tedes as respostas para correxir o desta semana:

  • Activity Book, page 77:

LIVELY (animad@) e FUNNY (gracios@) tamén nos valerían ao revés.

  • Activity Book, page 47:


SEMANA DO 8 DE XUÑO - 6º PRIMARIA

Hello! 👋 How are you today?

Recordade correxir as actividades da semana pasada mirando o que vos subín ao apartado de solucións.

Para esta nova semana, aquí vos deixo as propostas:

1) Recorda que hai algunhas cousas contables e outras incontables:

  • CONTABLES: Teñen singular e plural. Utilizamos a forma plural con: There are.../ There aren't...
  • INCONTABLES: Só teñen singular. Utilizamos: There's ... / There isn't...
Para que practiques iso cos cuantificadores que vimos (any, some, lots of, a few, a little), elixe a opción correcta no seguinte xogo:


2) Agora, podes facer o exercicio 4 da páxina 51 do Activity Book. Tes que diseñar a "tasty sandwich" (un saboroso bocata) e escribir as oracións cos ingredientes que hai nel e a súa cantidade.
Toma como exemplo as oracións do exercicio 3 para usar os cuantificadores. 
Envíame unha foto SÓ deste exercicio para correxir.

3) Por último, podes facer tamén a páxina 96 do Activity Book. Axúdate da teoría que tes arriba da páxina.
Fíxate se os alimentos son contables ou incontables para facer tanto as preguntas como as respostas.
  • CONTABLES: Are there any...? (e o alimento en plural)
  • INCONTABLES: Is there any...? (e o alimento en singular) 
Aquí che deixo unha lista dalgúns deles que che saen no tema por se che é de axuda:


Na fin de semana terás subidas as solucións desta páxina 96 para que poidas correxila. 😉Se tes algunha dúbida cando fagas algún dos exercicios, non dubides en falarme. 
Have a good week!😊