SEMANA 15 XUÑO - FIN DE CURSO

Hello, everyone! 👋

Como xa sabedes, esta semana sería a última semana de curso. Por iso, aínda que non vos vou pedir tarefas para que me enviedes, si que vos traio algunha que outra cousiña:

1) Primeiro, antes de nada, gustaríame que vísedes o seguinte vídeo no que vos envío unha mensaxe:


2) Segundo, déixovos aquí algúns enlaces a cancións e xogos sobre vocabulario relacionado co verán, por se queredes entretervos un pouquiño esta semana con algún deles:
3) Por último, quero dicirvos unha vez máis: GRAZAS. Non só a vós, alumnos e alumnas, senón tamén ás vosas familias que nos estiveron axudando a seguir en contacto durante estes últimos meses.
Foi un pracer traballar con vós. 😉
Ao longo destes días intentarei contestarvos algúns correos que me faltan. Se queda algo pendente, seguides tendo o meu correo para contactar comigo para o que precisedes: 
letiramos.teacher@gmail.com 

FELICES VACACIÓNS!
ENJOY THE SUMMER!🌞🏖

No hay comentarios: