SEMANA DO 1 DE XUÑO - 6º PRIMARIA

Hello everyone!

This week we start a new month: JUNE! Summer is coming!💪🌞

Para seguir traballando sobre o tema que comezamos a semana pasada:

1) Vimos vocabulario sobre alimentos, pero agora imos ver como podemos falar de cantidade en relación con eles. Por exemplo: Hai moito pan. Non hai ningunha mantequilla. Hai pouco queixo. 
É un pouco lioso, por iso mira o seguinte vídeo a ver se o conseguimos entender un pouco:
👉Despois de velo, na páxina 51 do Class Book no exercicio 2 tes un resumo desta teoría. Tamén tes unha lista dalgunhas cousas contables e incontables para axudarche.



2) Para ir practicando, entra no enlace que che deixo a continuación. Para que che deixe entrar tes que poñer o teu nome cun apelido e premer "START". Logo, mirando as imaxes do exercicio 3 da páxina 51 do Class Book, vai elexindo a opción correcta. Ao finalizar preme en "SUBMIT".
Enlace á actividade: QUIZ

3) Por último, podes facer na páxina 51 do Activity Book só os exercicios 1-2-3. Aquí tes o audio para facer o 2 (no que tes que marcar os ingredientes que escoites) e o 3 (no que tes que escribir as oracións que se din sobre a cantidade): 



Na fin de semana terás no blog as respostas para correxir estes exercicios escritos do libro.
 Have a good week!😊