SEMANA DO 8 DE XUÑO - 3º PRIMARIA

Hi! 👋 How are you today?

Quen non o fixera aínda, recordade pasar polo apartado de solucións para correxir o da semana pasada.

Para ir poñendo fin ao tema dos animais, esta semana podedes facer o seguinte:

1) Test your memory! (Pon a proba a túa memoria!) Neste tema 5 vimos vocabulario sobre 3 categorías: ANIMALS, PREPOSITIONS and ADJECTIVES. Para recordalo, preme no seguinte enlace para acceder a un xogo (tes que pinchar na categoría arriba e logo ir elexindo todas as palabras que lle pertencen): Vocabulary game

2) Agora, podes facer o picture dictionary na páxina 77 do Activity Book para telo todo claro. 

3) Por último, podes facer a páxina 47 do Activity Book. Para facer o exercicio 2 primeiro tes que ler o texto que che sae de modelo. Despois tes que debuxarte no zoo cos animais que queiras e escribir o teu texto seguindo a estructura do de arriba. Fíxate nas oracións que tes que poñer:

This a picture of me at the zoo. 
I like the ... (completo cun animal que me gusta en plural). They're ... (poño un adxectivo que describa eses animais).
The ... are next to the ... (Unha oración sobre a localización doutros animais que saen no debuxo).
My favourite animals are the ... (completo co meu animal favorito en plural). They're ... (poño un adxectivo que describa os meus animais favoritos).

Podes enviarme a foto deste último exercicio por correo para correxir! 😉
Have a good week!😊