WELCOME

Ola a tod@s e benvid@s!

Como parece ser que continuamos uns días máis polas casas, creei este blog onde vos subirei cousiñas para que sigades en contacto co Inglés e non vos esquezades nin do idioma nin de min! 😂 Espero que vos sirva de axuda!

A comezos de cada semana propoñereivos algo para facer. No caso de que teñades que facer algún exercicio escrito subireivos a solución durante a fin de semana para que poidades correxilos.

Se tedes calquera dúbida ou queredes poñervos en contacto comigo polo motivo que sexa, podedes facelo a través do seguinte correo:
letiramos.teacher@gmail.com

Ánimo e moitos bicos! Espero vervos axiña!

SEMANA 15 XUÑO - FIN DE CURSO

Hello, everyone! 👋

Como xa sabedes, esta semana sería a última semana de curso. Por iso, aínda que non vos vou pedir tarefas para que me enviedes, si que vos traio algunha que outra cousiña:

1) Primeiro, antes de nada, gustaríame que vísedes o seguinte vídeo no que vos envío unha mensaxe:


2) Segundo, déixovos aquí algúns enlaces a cancións e xogos sobre vocabulario relacionado co verán, por se queredes entretervos un pouquiño esta semana con algún deles:
3) Por último, quero dicirvos unha vez máis: GRAZAS. Non só a vós, alumnos e alumnas, senón tamén ás vosas familias que nos estiveron axudando a seguir en contacto durante estes últimos meses.
Foi un pracer traballar con vós. 😉
Ao longo destes días intentarei contestarvos algúns correos que me faltan. Se queda algo pendente, seguides tendo o meu correo para contactar comigo para o que precisedes: 
letiramos.teacher@gmail.com 

FELICES VACACIÓNS!
ENJOY THE SUMMER!🌞🏖

Solucións 6º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning!

Aquí vos deixo as respostas dos exercicios escritos que non tiñades que enviarme. Se hai algunha que non vos cadre, preguntádeme.


  • Activity Book, page 96:



Solucións 5º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning! 

Aquí tedes as respostas das tarefas desta semana para poder correxilas. Calquera resposta que non entendades ou non vos cadre, enviádeme un correo.


  • Activity Book, page 61 (4): 

  • Activity Book, page 90:




Solucións 4º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning!

Aquí vos deixo algunhas das respostas das tarefas da semana:


  • Activity Book, page 78:


  • Activity Book, page 55:

Solucións 3º - SEMANA 8 XUÑO

Good morning!

Aquí tedes as respostas para correxir o desta semana:

  • Activity Book, page 77:

LIVELY (animad@) e FUNNY (gracios@) tamén nos valerían ao revés.

  • Activity Book, page 47:


SEMANA DO 8 DE XUÑO - 6º PRIMARIA

Hello! 👋 How are you today?

Recordade correxir as actividades da semana pasada mirando o que vos subín ao apartado de solucións.

Para esta nova semana, aquí vos deixo as propostas:

1) Recorda que hai algunhas cousas contables e outras incontables:

  • CONTABLES: Teñen singular e plural. Utilizamos a forma plural con: There are.../ There aren't...
  • INCONTABLES: Só teñen singular. Utilizamos: There's ... / There isn't...
Para que practiques iso cos cuantificadores que vimos (any, some, lots of, a few, a little), elixe a opción correcta no seguinte xogo:


2) Agora, podes facer o exercicio 4 da páxina 51 do Activity Book. Tes que diseñar a "tasty sandwich" (un saboroso bocata) e escribir as oracións cos ingredientes que hai nel e a súa cantidade.
Toma como exemplo as oracións do exercicio 3 para usar os cuantificadores. 
Envíame unha foto SÓ deste exercicio para correxir.

3) Por último, podes facer tamén a páxina 96 do Activity Book. Axúdate da teoría que tes arriba da páxina.
Fíxate se os alimentos son contables ou incontables para facer tanto as preguntas como as respostas.
  • CONTABLES: Are there any...? (e o alimento en plural)
  • INCONTABLES: Is there any...? (e o alimento en singular) 
Aquí che deixo unha lista dalgúns deles que che saen no tema por se che é de axuda:


Na fin de semana terás subidas as solucións desta páxina 96 para que poidas correxila. 😉Se tes algunha dúbida cando fagas algún dos exercicios, non dubides en falarme. 
Have a good week!😊

SEMANA DO 8 DE XUÑO - 5º PRIMARIA

Hi! 👋 How are you?

Recordade correxir as actividades da semana pasada que vos deixei coma sempre no apartado de solucións.

Esta semana podedes facer o seguinte:

1) A semana pasada estivemos vendo o "GOING TO", que o usábamos para falar de plans que temos pensados para facer nun futuro. 
Recorda como se formaba:

SUBJET (suxeito) + VERB TO BE + GOING TO + ACTION 

For example: I'm going to go to the cinema. She's going to have a picnic with her friends. They're going to visit their cousins. 

Practica escollendo a opción correcta das seguintes oracións:


2) Agora, continúa practicando na páxina 61 do Activity Book
No exercicio 4 tes que escribir as dúas oracións sobre o FIN DE SEMANA de Jane que escoitaches no exercicio 3. 
No exercicio 5 tes que escribir 2-3 oracións sobre os teus plans para o próximo fin de semana (I'm going to.../I'm not going to...). 
Deixa un comentario neste muro (tes o meu de exemplo) coas oracións que escribiches sobre ti: 

Hecho con Padlet

3) Para rematar, podes facer tamén a páxina 90 do Activity Book

Na fin de semana terás as respostas subidas para que poidas correxir todos estes exercicios escritos.
Have a good week! 😉😊


SEMANA DO 8 DE XUÑO - 4º PRIMARIA

Hi!👋 How are you today?

Se aínda non correxistes o da semana pasada recordade comprobar as respostas no apartado de solucións.

Para ir rematando o tema, esta semana déixovos o seguinte:

1)Para comezar, test your memory! (Pon a proba a túa memoria) Aquí tes un xogo do aforcado con todo o vocabulario que vimos durante este tema, para que comprobes se o recordas:


2) Agora, podes completar o picture dictionary que tes na páxina 78 do Activity Book.

3) Para rematar, podes facer  a páxina 55 do Activity Book. No exercicio 2 tes que escribir un pequeno texto sobre os teus insectos favoritos (non fai falta que completes os recadros de arriba.
Nese texto podes incluír a seguinte información:

My favourite insects are... (O nome en plural do teu insecto favorito).
They are ...  (Algúns adxectivos que os describan: big-grandes, small-pequenos, brown-marróns, black-negros, red-vermellos, green-verdes, funny-graciosos, dangerous-perigosos, fast-rápidos, slow-lentos ...)
They can ... (Algo que poidan facer: jump-saltar, fly-voar, walk- camiñar, swim-nadar...)
They can't ... (Algo que NON poidan facer.)

Podes enviarme unha foto deste último exercicio por correo para correxir! 😉
Have a good week!😊

SEMANA DO 8 DE XUÑO - 3º PRIMARIA

Hi! 👋 How are you today?

Quen non o fixera aínda, recordade pasar polo apartado de solucións para correxir o da semana pasada.

Para ir poñendo fin ao tema dos animais, esta semana podedes facer o seguinte:

1) Test your memory! (Pon a proba a túa memoria!) Neste tema 5 vimos vocabulario sobre 3 categorías: ANIMALS, PREPOSITIONS and ADJECTIVES. Para recordalo, preme no seguinte enlace para acceder a un xogo (tes que pinchar na categoría arriba e logo ir elexindo todas as palabras que lle pertencen): Vocabulary game

2) Agora, podes facer o picture dictionary na páxina 77 do Activity Book para telo todo claro. 

3) Por último, podes facer a páxina 47 do Activity Book. Para facer o exercicio 2 primeiro tes que ler o texto que che sae de modelo. Despois tes que debuxarte no zoo cos animais que queiras e escribir o teu texto seguindo a estructura do de arriba. Fíxate nas oracións que tes que poñer:

This a picture of me at the zoo. 
I like the ... (completo cun animal que me gusta en plural). They're ... (poño un adxectivo que describa eses animais).
The ... are next to the ... (Unha oración sobre a localización doutros animais que saen no debuxo).
My favourite animals are the ... (completo co meu animal favorito en plural). They're ... (poño un adxectivo que describa os meus animais favoritos).

Podes enviarme a foto deste último exercicio por correo para correxir! 😉
Have a good week!😊

Solucións 6º - SEMANA 1 XUÑO

Good morning!

Here you have the answers of this week: 

  • Activity Book, page 51 (1,2,3):



Solucións 5º- SEMANA 1 XUÑO

Good morning!

Here you have the answers of this week: 

  • Guess who:

  • Activity Book, page 61 (1,2,3):




Solucións 4º - SEMANA 1 XUÑO

Good morning!

Here you have the answers of this week:


  • Activity Book, page 54: Read and draw.

  • Activity Book, page 70:
  • Activity Book, page 71:


Solucións 3º - SEMANA 1 XUÑO

Good morning!

Here you have the answers of this week:


  • Activity Book, page 46: My friend's zoo

  • Activity Book, page 68:


  • Activity Book, page 69:


SEMANA DO 1 DE XUÑO - 6º PRIMARIA

Hello everyone!

This week we start a new month: JUNE! Summer is coming!💪🌞

Para seguir traballando sobre o tema que comezamos a semana pasada:

1) Vimos vocabulario sobre alimentos, pero agora imos ver como podemos falar de cantidade en relación con eles. Por exemplo: Hai moito pan. Non hai ningunha mantequilla. Hai pouco queixo. 
É un pouco lioso, por iso mira o seguinte vídeo a ver se o conseguimos entender un pouco:
👉Despois de velo, na páxina 51 do Class Book no exercicio 2 tes un resumo desta teoría. Tamén tes unha lista dalgunhas cousas contables e incontables para axudarche.



2) Para ir practicando, entra no enlace que che deixo a continuación. Para que che deixe entrar tes que poñer o teu nome cun apelido e premer "START". Logo, mirando as imaxes do exercicio 3 da páxina 51 do Class Book, vai elexindo a opción correcta. Ao finalizar preme en "SUBMIT".
Enlace á actividade: QUIZ

3) Por último, podes facer na páxina 51 do Activity Book só os exercicios 1-2-3. Aquí tes o audio para facer o 2 (no que tes que marcar os ingredientes que escoites) e o 3 (no que tes que escribir as oracións que se din sobre a cantidade): 



Na fin de semana terás no blog as respostas para correxir estes exercicios escritos do libro.
 Have a good week!😊

SEMANA DO 1 DE XUÑO - 5º PRIMARIA

Hello!!

Xa queda menos para o verán! 💪Today we start a new month: JUNE! 🌞

As propostas desta semana para seguir co tema que comezamos a pasada son:

1)  A parte de gramática que sae neste tema é o "GOING TO", que se usa para falar de plans que temos pensados para facer nun futuro. Por exemplo: O fin de semana que vén vou ir á praia. Mañá vou tomar o sol.
Fíxate como se forma:



SUBJET (suxeito) + VERB "TO BE" (verbo "to be") + GOING TO 

For example: I'm going to stay in a hotel. 

2) Para practicar un pouco, vai á páxina 61 do Class Book, e fíxate na táboa do exercicio 3.

  •  Na túa libreta pon a data e pon de título: GUESS WHO.
  • Le as seguintes oracións e escribe ao lado de cada número o nome da persoa á que se refire.
    1. He's going to stay in a hotel. He's going to make sandcastles. 
    2. He's going to go camping. He isn't going to go fishing. 
    3. He's going to go fishing. He's going to have a picnic. 
    4. He isn't going to stay in a hotel. He's going to go fishing.

3) Por último, podes facer na páxina 61 do Activity Book só os exercicios 1-2-3. Déixoche aquí o audio para que poidas facer o 3:



Na fin de semana xa teredes as respostas para que poidades correxir estas actividades.
Have a good week!😊

SEMANA DO 1 DE XUÑO - 4º PRIMARIA

Hello, everyone!

Today, we start a new month: JUNE! Summer is coming!🌞

Para seguir co tema propóñovos o seguinte para esta semana:

1) Para recordar as preguntas e respostas sobre o que hai ou non nun sitio imos facer unha actividade de ler e debuxar (read and draw). 🖉 Vai á páxina 54 do Activity Book e lendo as oracións da seguinte imaxe completa o debuxo do exercicio 2 cos animais que saen arriba da páxina:


2) Despois, para seguir con iso, podes facer a páxina 70 do Activity Book.

3) Agora, para repasar a pregunta e resposta sobre o que está facendo alguén fai a seguinte actividade. Dálle a"OK" e logo vai pinchando nos ocos para elexir a opción correcta:



4) Por último, tendo en conta a actividade anterior, fai a páxina 71 do Activity Book.

Na fin de semana terás subidas as solucións destas páxinas do libro para que poidas correxilas. 😉

Ah! E xa que vos comentaba ao principio que comezaba un novo mes, se queres practicar como se dicían os meses do ano en Inglés, preme no seguinte enlace para escoitar unha canción sobre eles: MONTHS OF THE YEAR

SEMANA DO 1 DE XUÑO - 3º PRIMARIA

Hello!
Hoxe comezamos novo mes! We start JUNE! Summer is coming!🌞 

Para seguir co tema que estamos, as propostas desta semana son:

1) Para repasar as preguntas e respostas sobre a localización de animais, imos facer unha actividade de escoitar e debuxar (listen and draw). Vai á páxina 46 do Activity Book e escoitando o seguinte vídeo completa o debuxo da parte de abaixo que di "My friend's zoo":




2) Despois do anterior, podes facer a páxina 68 do Activity Book.
Fíxate no singular e no plural:
Where's the ...? It's ...
Where are the ...? They're ...

3) Agora, imos repasar o outro tipo de pregunta e resposta usando adxectivos para falar de animais. Preme no seguinte enlace para practicar cun xogo: Horse Race - GAME (Para empezar preme en "OK" e "jugar sólo". Logo  no símbolo ✓  de cada opción correcta.)

4) Por último, repasa esta parte facendo a páxina 69 do Activity Book.
Fíxate tamén no singular e no plural:
Is it ...? Yes, it is. / No, it isn't.
Are they ...? Yes, they are. / No, they aren't.

Na fin de semana estarán subidas coma sempre as solucións dos exercicios do libro para que poidas correxilos. 😉

Ah! E xa que vos comentaba ao principio que comezaba un novo mes, se queres practicar como se dicían os meses do ano en Inglés, preme no seguinte enlace para escoitar unha canción que xa vimos na clase sobre eles: MONTHS OF THE YEAR

Solucións 6º - SEMANA 25 MAIO

Good morning!

Aquí tedes as respostas dos exercicios escritos do libro desta semana.

Activity Book, page 50: 



O exercicio 3 ten que estar así:
  • My partner is going to make ____________.(nome da receita elixida).
  • He/She is going to buy some ____________. (ingrediente que vai mercar)
  • He/She isn't going to buy any ___________.  (ingrediente que non vai mercar)

Solucións 5º - SEMANA 25 MAIO

Good morning, guys!

Déixovos as solucións dos exercicios escritos do libro desta semana.

Activity Book, page 60: 


  • Exercicio 2: só tiñades que completar a táboa.
  • Exercicio 3: As oracións teñen que estar así, co adverbio que sexa antes do verbo no oco que deixo en branco: My partner _____ stays in a hotel. He/She ________ goes camping. He/She ________ makes sandcastles. He/She ________ has a picnic. He/She ____has a barbecue. 
* Asegúrate que fixeches os cambios ben no verbo porque estamos falando doutra persoa (he/she).



Solucións 4º - SEMANA 25 MAIO

Good morning everyone!

Aquí vos deixo as respostas das tarefas da semana:

Activity Book, page 52: 



Faltaría completar o debuxo co que indica cada oración. 




Solucións 3º - SEMANA 25 MAIO

Good morning!

Déixovos as respostas dalgúns exercicios desta semana. Falta o 3 porque foi o que me enviastes por correo. 

Activity Book, page 44: 




SEMANA DO 25 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello!

Recórdovos que tedes as respostas dalgúns dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións. O outro que me  enviastes, se a alguén non lle contestei aínda fareino ao longo da semana.😉

Para esta propóñovos comezar cun novo tema (o tema 5) para cambiar un pouco:

1) O título do tema é "At the market", polo tanto imos falar de productos que podemos mercar nun mercado. Mira o seguinte vídeo para aprender o vocabulario. Fíxate no significado e tamén pronunciación. 
Podes intentar repetir cada palabra despois de escoitala:



2) Para que practiques ese novo vocabulario aquí che deixo un enlace á aplicación Quizlet (que xa usamos outra vez). Xa sabes como vai, tes que ir escollendo as distintas actividades na columna da esquerda. O enlace é: https://quizlet.com/_8fc2km?x=1jqt&i=2tqrw5

3) Por último, podes facer a páxina 50 do Activity Book.
Para facer as oracións do exercicio 1 tes que diferenciar dúas palabras para falar de cantidade.

  • SOME (algún/s, algunha/s): Emprégase en oracións AFIRMATIVAS
  • ANY (algúns/as, ningúns/as): Emprégase en oracións NEGATIVAS e PREGUNTAS
For example: He's going to buy some cheese. He isn't going to buy any cheese. Is he going to buy any cheese?

No exercicio 2, mira as 4 receitas e pregúntalle a alguén que teñas pola casa cal lle gustaría facer. Logo, completas o exercicio 3. Escribes o nome da receita e fas 2 oracións coma as do exercicio 1 (unha afirmativa e unha negativa) Déixoche un exemplo:
My partner is going to make chocolate cake. She's going to buy some chocolate. She isn't going to buy any eggs. 

Estarán as solucións coma sempre na fin de semana para que poidas correxir! Calquera dúbida, envíame unha mensaxe. REGARDS!😘

SEMANA DO 25 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello!

Recórdovos que tedes as respostas dalgúns dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións. O  que  me enviastes, se a alguén non lle contestei aínda fareino ao longo da semana.😉

Para esta propóñovos comezar cun novo tema! Summer is coming... (O verán está vindo...), entón creo que vos vai gustar máis o tema 6 que o 5, por iso imos empezar por el:

1) O título do tema é "At the beach", polo tanto imos falar de cousas que podemos facer na praia, ou, en xeral, no verán. Mira o seguinte vídeo para aprender o vocabulario. Fíxate no significado e tamén pronunciación. 
Podes intentar repetir cada expresión despois de escoitala:


2) Para que practiques ese novo vocabulario aquí che deixo un enlace á aplicación Quizlet (que xa usamos outra vez). Xa sabes como vai, tes que ir escollendo as distintas actividades na columna da esquerda. O enlace é: https://quizlet.com/_8fc140?x=1jqt&i=2tqrw5

3) Por último, podes facer a páxina 60 do Activity Book.
No exercicio 2 completas a primeira fila sobre ti, sobre a frecuencia coa que fas esas cousas cando vas á praia. Recorda:
⭐⭐⭐⭐ = always (sempre) ⭐⭐⭐= usually (a menudo) ⭐⭐= sometimes (ás veces) x= never (nunca)

A segunda fila tes que completala sobre outra persoa. Podes facelo sobre alguén da túa familia ou alguén que coñezas.

No exercicio 3 tes que escribir as oracións sobre a información que puxeches antes da outra persoa. Importante cando as escribas:
  • Xa sabes que ao falar doutra persoa (El-He) ou Ela-She), temos que engadir -s ou -es ao verbo ou usar algunha forma especial. Mira esta imaxe para facer os cambios ben:
  • Os adverbios de frecuencia acórdate que van antes do verbo. Aquí tes un exemplo: My partner sometimes stays in a hotel. She never goes camping. She sometimes makes sandcastles. She always has a picnic. She never has a barbecue. 

Terás as solucións coma sempre na fin de semana para correxir.
Regards!😘

SEMANA DO 25 DE MAIO - 4º PRIMARIA

Hello guys!
How is it going?😊

Recórdovos para os que non correxistes o da semana pasada que podedes ver as respostas no apartado de solucións.

Para esta semana propóñovos o seguinte:

1) A semana pasada xa vimos como falamos do que está facendo unha persoa, pero agora imos ver como o facemos sobre máis. Se non recordas o vocabulario podes volver á publicación da outra semana e ver a imaxe que che deixei sobre el. Fíxate nas seguintes preguntas e respostas:

  • What is he doing? He's ... Que está facendo el? El está... 
  • What is she doing? She's ... Que está facendo ela? Ela está...
  • What are they doing? They're... Que están facendo eles/elas? Eles/Elas están...
⚠☝👀 Acórdate que temos que engadirlle -ing ao verbo para responder. For example:
What are they doing? They're washing the strawberries. 

2) Para practicar isto, vai á páxina 64 do Class Book e mira o debuxo do exercicio 2 que imos traballar con el agora. Preme no enlace que che deixo despois. Cando entres nel, tes que poñer o teu nome e darlle a "start". Tes que elexir a opción correcta das distintas preguntas. Enlace á actividade:  QUIZ

3) Por último, podes facer a páxina 52 do Activity Book. No 2 tes que escribir a pregunta, unir cos números e completar o debuxo. No 3, escribir  oracións. Déixoche aquí o audio para o exercicio 1 (podes ir parándoo por números): 




Na fin de semana terás subidas as respostas para que corrixas estas actividades. Regards!😘

SEMANA DO 25 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hi guys! How are you?😊
Para os que aínda non correxistes o da semana pasada, recórdovos que tedes as respostas no apartado de solucións.

Esta semana propóñovos o seguinte: 

1) Na historia da semana pasada facían continuamente preguntas sobre os animais. Se non te acordas do vocabulario (furry, lively, colourful, funny, dangerous, noisy), podes ir ao vídeo que che deixei a semana anterior. Fíxate agora nestes dous tipos de preguntas: 


  • SINGULAR (para falar de 1 só animal): Is it ...? Yes, it is. / No, it isn't. For example: Is it furry? (É peludo?) No, it isn't. (Non, non é.).


  • PLURAL (para falar de máis de 1 animal): Are they...? Yes, they are. / No, they aren't. For example: Are they furry? (Son peludos?) Yes, they are. (Si, si que son).

2) Para practicar isto, vai á páxina 54 do Class Book e mira as imaxes do exercicio 2.
-Elixe un nome e pensa unha pregunta sobre unha das dúas fotos que saen del.
-Escribe esa pregunta coa súa resposta no mural que che deixo aquí abaixo poñendo o teu nome e curso ao final. Para escribila só tes que darlle a "añadir comentario" debaixo do nome que elixiches. Podes escribir a pregunta nalgún personaxe que xa teña, pero intenta que sexa distinta. 
 👀 FÍXATE: Se fas a pregunta sobre a foto de 1 só animal terá que ser en singular, se a fas sobre a foto na que hai varios terá que ser en plural.

Hecho con Padlet


3) Por último, para seguir practicando isto podes facer a páxina 44 do Activity Book. Aquí tes o audio para facer o exercicio 1, podes ir parándoo por números:




As preguntas do exercicio 3 podes enviarmas por correo (letiramos.teacher@gmail.com) porque non hai unha soa resposta correcta. Fíxate no singular e plural para facelas!

Solucións 6º - SEMANA 18 MAIO

Good morning!

Aquí tedes as solucións dos exercicios que non vos pedín que me mandásedes:

Activity Book, page 46:






Solucións 5º - SEMANA 18 MAIO

Hello!

Aquí vos deixo as solucións daqueles exercicios que non vos pedín que me mandásedes.

Activity Book, page 46:





Solucións 4º - SEMANA 18 MAIO

Hello!

Aquí vos deixo as respostas desta semana.

Activity Book, page 51: