SEMANA DO 25 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello!

Recórdovos que tedes as respostas dalgúns dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións. O  que  me enviastes, se a alguén non lle contestei aínda fareino ao longo da semana.😉

Para esta propóñovos comezar cun novo tema! Summer is coming... (O verán está vindo...), entón creo que vos vai gustar máis o tema 6 que o 5, por iso imos empezar por el:

1) O título do tema é "At the beach", polo tanto imos falar de cousas que podemos facer na praia, ou, en xeral, no verán. Mira o seguinte vídeo para aprender o vocabulario. Fíxate no significado e tamén pronunciación. 
Podes intentar repetir cada expresión despois de escoitala:


2) Para que practiques ese novo vocabulario aquí che deixo un enlace á aplicación Quizlet (que xa usamos outra vez). Xa sabes como vai, tes que ir escollendo as distintas actividades na columna da esquerda. O enlace é: https://quizlet.com/_8fc140?x=1jqt&i=2tqrw5

3) Por último, podes facer a páxina 60 do Activity Book.
No exercicio 2 completas a primeira fila sobre ti, sobre a frecuencia coa que fas esas cousas cando vas á praia. Recorda:
⭐⭐⭐⭐ = always (sempre) ⭐⭐⭐= usually (a menudo) ⭐⭐= sometimes (ás veces) x= never (nunca)

A segunda fila tes que completala sobre outra persoa. Podes facelo sobre alguén da túa familia ou alguén que coñezas.

No exercicio 3 tes que escribir as oracións sobre a información que puxeches antes da outra persoa. Importante cando as escribas:
  • Xa sabes que ao falar doutra persoa (El-He) ou Ela-She), temos que engadir -s ou -es ao verbo ou usar algunha forma especial. Mira esta imaxe para facer os cambios ben:
  • Os adverbios de frecuencia acórdate que van antes do verbo. Aquí tes un exemplo: My partner sometimes stays in a hotel. She never goes camping. She sometimes makes sandcastles. She always has a picnic. She never has a barbecue. 

Terás as solucións coma sempre na fin de semana para correxir.
Regards!😘