SEMANA DO 25 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hi guys! How are you?😊
Para os que aínda non correxistes o da semana pasada, recórdovos que tedes as respostas no apartado de solucións.

Esta semana propóñovos o seguinte: 

1) Na historia da semana pasada facían continuamente preguntas sobre os animais. Se non te acordas do vocabulario (furry, lively, colourful, funny, dangerous, noisy), podes ir ao vídeo que che deixei a semana anterior. Fíxate agora nestes dous tipos de preguntas: 


  • SINGULAR (para falar de 1 só animal): Is it ...? Yes, it is. / No, it isn't. For example: Is it furry? (É peludo?) No, it isn't. (Non, non é.).


  • PLURAL (para falar de máis de 1 animal): Are they...? Yes, they are. / No, they aren't. For example: Are they furry? (Son peludos?) Yes, they are. (Si, si que son).

2) Para practicar isto, vai á páxina 54 do Class Book e mira as imaxes do exercicio 2.
-Elixe un nome e pensa unha pregunta sobre unha das dúas fotos que saen del.
-Escribe esa pregunta coa súa resposta no mural que che deixo aquí abaixo poñendo o teu nome e curso ao final. Para escribila só tes que darlle a "añadir comentario" debaixo do nome que elixiches. Podes escribir a pregunta nalgún personaxe que xa teña, pero intenta que sexa distinta. 
 👀 FÍXATE: Se fas a pregunta sobre a foto de 1 só animal terá que ser en singular, se a fas sobre a foto na que hai varios terá que ser en plural.

Hecho con Padlet


3) Por último, para seguir practicando isto podes facer a páxina 44 do Activity Book. Aquí tes o audio para facer o exercicio 1, podes ir parándoo por números:




As preguntas do exercicio 3 podes enviarmas por correo (letiramos.teacher@gmail.com) porque non hai unha soa resposta correcta. Fíxate no singular e plural para facelas!