SEMANA DO 11 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hi, guys! How are you? I miss you a lot! (Eu bótovos moito de menos!) 😊

Tedes as respostas dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións, botádelles un ollo!

Aquí vos deixo o desta semana:

1) Para comezar, déixoche dúas cancións para que practiques as preposicións. Espero que che gusten! Fíxate nos xestos que fan coas mans na 1ª, intenta copialos mentres cantas. Seguro que despois te vas acordar deles e iso che axuda a acordarte das preposicións.




2) Agora, podes intentar facer un "listening" (exercicio de escoitar). É o exercicio 1 da páxina 41 do Activity Book e tes o audio a continuación. Podes ir parándoo da primeira vez como facíamos na clase, e logo ao final poñelo unha todo seguido para revisar as túas respostas.



3) Por último, como sei que sodes uns e unhas artistas, propóñovos algo de debuxar! A esta actividade faslle unha foto e envíasma por correo: letiramos.teacher@gmail.com
  • Nunha páxina da túa libreta pon de título: MY ZOO. Escribe tamén o teu nome nun dos lados.
  • Elixe algúns animais do tema e debúxaos onde queiras. 
  • Debaixo escribes 3 preguntas coas 3 respostas sobre o lugar onde están tres dos animais.  Pero... ☝👀 RECORDA:
→ Se vas falar en SINGULAR: Where's the parrot? It's ...

→ Se vas falar en PLURAL: Where are the parrots? They're ...

Queredes algunha idea para organizalo? Aquí tedes unha sinxela, pero podedes facelo como vós queirades!

Ah, e aquí vos deixo o meu! Pero estou segura de que vós debuxades moito mellor ca min! 😂😂