SEMANA DO 11 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello, everyone!
Se aínda tedes sen correxir os exercicios sobre a canción da semana pasada, tedes as respostas no apartado de solucións. O outro das oracións en cadea xa era o que me enviastes por privado.

Aquí vos deixo a proposta desta semana:

1) Comeza cun "listening" (exercicio de escoitar) que tes na páxina 46 do Class Book
Como xa sabes, ao final de cada tema os personaxes que nos acompañan (Tara, Ben, Dex...) teñen que facer un traballo. Desta vez, tócalles falar sobre un festival. No "listening" que vas escoitar, van entrevistar a Ric Moon, un cantante que vai participar nel. 
  • Primeiro, na túa libreta pon a data e fai o exercicio 1 da páxina 46 do Class Book. Copias as palabras e RODEAS as que SI se mencionan no audio. Déixocho aquí a continuación:

  • Logo, fas o que che deixo a continuación. Volves escoitar o audio de antes (pódelo ir parando se queres), e escolles a resposta correcta das seguintes 6 preguntas (non fai falta que copies todo, coa resposta correcta chega):

3) Despois, fas o exercicio 4 da páxina 46 do Class Book tamén na libreta. Non fai falta que copies o texto, cos números e a resposta chega.  
Tes que poñer o adxectivo na forma comparativa ou superlativa correcta. 
☝☝AXUDA: Para saber se tes que facer un comparativo ou superlativo fíxate se na oración sae un  "than" (que che indicará que ten que ser comparativo porque se están comparando dúas cousas). Senón, terá que ser superlativo.

4) Por último, na mesma páxina, mira a táboa do exercicio 3. Ponlle de enunciado: Compare the singers. Mira o exemplo e escribe 2 oracións comparativas e 2 oracións superlativas.
Envíame SÓ ESTE EXERCICIO pola aplicación Classdojo ou correo. Todos os anteriores poderás correxilos ti, xa que na fin de semana subireiche as respostas.

Take care! See you soon!😄