SEMANA DO 18 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello!! 
Recórdovos que tedes as respostas da semana pasada no apartado de solucións para poder correxir as vosas.😉

For this week (para esta semana):

1) Estamos a piques de cambiar de tema, pero antes imos traballar algo a parte escrita. 💪 Imos seguir falando de persoas, pero desta vez de personaxes de películas, contos ou obras de teatro. 📽📖Para iso, podes facer a páxina 46 do Activity Book.
No exercicio 2, tes que rodear 2 comparativos e 1 superlativo no texto. No exercicio 3 tes que completar a información que falta na táboa colléndoa do texto de arriba (exercicio 2). No exercicio 4 tes que completar o texto sacando a información da táboa do 3.

2) And now... it's your turn! (E agora... é o teu turno!). Se te fixas, no texto do 2 falábase sobre unha película e no texto do 4 sobre unha obra de teatro. Pois agora, tes que pensar nun libro (book), nunha película (film) ou nunha obra de teatro (play) que coñezas.

  • Primeiro: Completa a táboa do exercicio 5 da páxina 47 sobre o libro/película/obra que elixiches. Sigue o modelo da páxina anterior e axúdate tamén deste que che deixo aquí:

  • Segundo: No exercicio 6 da mesma páxina tes que escribir as oracións da información que puxeches antes (se non che colle, podes facelo na libreta). Aquí tes un exemplo na terceira columna de como se poden escribir: 

Podes enviarme unha foto SÓ desta última páxina (47), o resto de exercicios da páxina 46 poderás correxilos coas respostas que che subirei na fin de semana. 
REGARDS! 😊😊 (Saúdos!)