SEMANA DO 18 DE MAIO - 4º PRIMARIA

Hello again!👋

Pasádevos polo apartado das solucións que tedes as respostas do listening da semana anterior.😉

For this week (para esta semana):

1) Esta semana toca... a STORY! Imos traballar coa historia que tes nas páxinas 62-63 do Class Book. Antes de vela, necesitamos coñecer algún vocabulario novo que nos vai saír nela:


Practícao co seguinte vídeo. Fíxate na súa pronunciación!


2) Agora xa estás list@ para ver a historia. Aquí cha deixo no seguinte vídeo. Se queres, ao mesmo tempo podes seguila polas páxinas do libro. 


3) Queres poñer a proba a túa memoria sobre a historia? Proba elixindo a opción correcta destas 6 preguntas:

 
4) Por último, fai a páxina 51 do Activity Book. Xa sabes, no exercicio 1 unes e no 3 escribes a túa opinión da historia.
*No exercicio 4, temos empregar o novo vocabulario e escribir oracións do que está facendo cada nen@.  Tes que usar unha palabra de cada recadro. Fíxate no exemplo:

He's digging up the potatoes. → Él está arrincando as patacas.  
Engadimos ao verbo -ing, para dicir "arrincando" e non "arrincar". Tes que engadirlle -ING ao verbo no resto das oracións que escribas! 
Tamén fíxate se é 👦(He) ou 👧 (She). 

Na fin de semana teredes as respostas no apartado de solucións para que poidades correxir vós mesm@s os exercicios escritos! 😉 Take care!😘