SEMANA DO 4 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello, guys! 👋 How is it going? 😊

Continuamos traballando e para esta semana propóñovos o seguinte:

1) Let's start with music! Na páxina 44 do Class Book terás a letra da canción do tema.

  • Primeiro, mira a letra e escribe na túa libreta cal das opcións en negriña é a correcta en cada número para formar o pasado. Podes facer algo así:

  • Logo, aquí tes o vídeo coa canción para que a escoites e poidas comprobar tamén as respostas:

  • Despois, na libreta copia as preguntas do exercicio 3 desa mesma páxina e respóndeas. Son sobre a canción, polo tanto atoparás as respostas na letra. 
2) Seguindo coa canción, na páxina 44 do Activity Book podes facer o exercicio 1 (como facíamos sempre nos outros temas), e tamén o exercicio 2. 

3) Por último, imos practicar un pouco máis o pasado. Estes días de confinamento na casa seguro que estiveches facendo moitas cousas para non aburrirte. Mira esta lista, coincides con algunha?


O que tes que facer agora é deixar un curto comentario no mural de abaixo como o meu que tes de exemplo. Para iso, só tes que premer no símbolo +.
Nese comentario tes que responder á pregunta "What did you do during the quarantine?" (Que fixeches durante a cuarentena?). 
As oracións poden estar en afirmativo ou en negativo, pero teñen que estar en pasado. Recorda como se facía e ten coidado cos verbos irregulares!! ☝ PISTA: Na lista de arriba son todos regulares menos "do" que fai o pasado en "did", "go" que xa vimos que fai o pasado en "went" e "read" que fai o pasado tamén en "read".

Podes elixir ideas da lista pero se queres tamén podes empregar outras.

Hecho con Padlet