SEMANA DO 4 DE MAIO - 4º PRIMARIA

Hi, guys! 👋
Deixeivos as solucións dos exercicios escritos da semana pasada no apartado de solucións para que poidades correxilos. Penso que non deberíades ter problema con eles, pero se tedes calquera dúbida enviádeme un correo sen problema.

Para continuar co tema, propóñovos o seguinte para esta semana:

1) Do you remember the animals? Proba xogando ao seguinte xogo de parellas: Memory game.

2) Agora que xa os recordaches, podes escoitar (e cantar) a canción da páxina 59 do Class Book. Déixocha a continuación. Despois de escoitala, mira a letra e pensa que imaxe do exercicio 1 se corresponde con cada parte da canción (1, 2, 3).
Podes anotalo na túa libreta, para cando che pase as respostas comprobar se o tiñas ben. Pónlle de título: Unit 6. Song



3) Fíxate na pregunta que repetían na canción para preguntar se hai ou non certos animais:

        ⇨Are there any ...? (Hai algúns/algunhas...?)
          Yes, there are. (Si, si que hai.)
          No, there aren't. (Non, non hai.)
          For example: Are there any butterflies? Yes, there are. 

Tendo en conta isto, o que tes que facer agora é deixar un comentario no seguinte mural. Elixe a imaxe que queiras da páxina 59 do Class Book, e escribe unha pregunta e resposta sobre ela. Pon o teu nome ao final. Aínda que xa haxa algún comentario podes engadir máis mentres sexan diferentes.

Despois de escribir neste mural, podes facer os exercicios 2-3 da páxina 49 do Activity Book.


Hecho con Padlet