SEMANA DO 4 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hi, everyone!👋

Deixéivos as respostas dos exercicios escritos da semana pasada no apartado de solucións para que poidades correxilos. 

Para esta semana propóñovos continuar co tema que empezamos dos animais coas seguintes tarefas:

1) Do you remember the animals?  Proba xogando ao seguinte xogo do aforcado: Hangman Game

2) Agora, imos ver como falamos sobre o lugar onde está algo. Mira o seguinte vídeo con algunhas preposicións. Fíxate no seu significado e pronunciación. Podes intentar repetilas despois de escoitalas.



3) Escoita a canción (tamén podes cantala) da páxina 49 do Class Book que che deixo no seguinte vídeo. Despois, mira a letra e intenta descubrir con cal dos mapas (A ou B) se corresponde.



4) Fíxate que preguntas empregan na canción para preguntar onde están os animais:


      ⇨Where's the ...? (Onde está ...?)   SINGULAR
         It's ... (Está...)
         Example: Where's the snake? It's near the lake.
      Where are the ...? (Onde están ...?)  PLURAL
         They're... (Están...)
         Example: Where are the snakes? They're near the lake.

O que tes que facer agora é escribir no mural que che deixo aquí ao final de todo. Podes elixir facer unha pregunta ou responder a algunha que xa está feita. Fíxate no singular e no plural para ver como preguntas e respondes. Aquí che explico como facelo:

  • Se escribes unha pregunta: Elixes un dos mapas (A ou B). Premes no +. No título escribes que mapa é. Debaixo escribes a pregunta e o teu nome e curso ao final.
  • Se respondes unha das preguntas que xa está feita: Premes en "Añadir comentario", escribes a resposta e pos o teu nome e curso ao final. 
* Podedes contestar a unha pregunta que xa teña resposta sempre que uses unha preposición diferente.

Despois de deixar o teu comentario no mural, podes facer os exercicios 2 e 3 na páxina 41 do Activity Book


Hecho con Padlet

No hay comentarios: