SEMANA DO 18 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hello again! 👋

We continue one more week!💪

Aquí tedes o desta nova semana: 

1) Hoxe toca... a STORY! Imos traballar coa historia que tes no Class Book nas páxinas 52-53. O título é "Mrs Bell's favourite animal". 
Pero, antes de vela, necesitas coñecer algún vocabulario novo que vai aparecer nela para describir aos animais: colourful (colorido), funny (gracioso), lively (alegre), noisy (ruidoso), furry (peludo) and  dangerous (perigoso).
Practícao co seguinte vídeo e fíxate na súa pronunciación!


2) Agora xa estás list@ para vela! Aquí cha deixo a continuación. Se queres, tamén podes seguila polo texto do libro ao mesmo tempo. 



3) Queres poñer a proba a túa memoria? Proba escollendo a opción correcta destas preguntas sobre a historia. 


4) Por último, fai a páxina 43 do Activity Book. Xa sabes, no exercicio 1 elixes "True" ou "False". No exercicio 2 coloreas a túa opinión. No exercicio 3, tes que practicar o novo vocabulario, pero fíxate no exemplo que tes feito:

Dos 3 adxectivos elixes un que defina a ambos animais e fas a oración sobre eles: They're ... → (Son...)
Logo, dos 2 adxectivos que quedan tes que facer a oración correspondente para cada animal: It's ... → (É...)

Na fin de semana teredes as respostas no apartado de solucións para que poidades correxir vós mesm@s os exercicios escritos! 😉 Take care!😘