Solucións 6º - SEMANA 25 MAIO

Good morning!

Aquí tedes as respostas dos exercicios escritos do libro desta semana.

Activity Book, page 50: 



O exercicio 3 ten que estar así:
  • My partner is going to make ____________.(nome da receita elixida).
  • He/She is going to buy some ____________. (ingrediente que vai mercar)
  • He/She isn't going to buy any ___________.  (ingrediente que non vai mercar)

Solucións 5º - SEMANA 25 MAIO

Good morning, guys!

Déixovos as solucións dos exercicios escritos do libro desta semana.

Activity Book, page 60: 


  • Exercicio 2: só tiñades que completar a táboa.
  • Exercicio 3: As oracións teñen que estar así, co adverbio que sexa antes do verbo no oco que deixo en branco: My partner _____ stays in a hotel. He/She ________ goes camping. He/She ________ makes sandcastles. He/She ________ has a picnic. He/She ____has a barbecue. 
* Asegúrate que fixeches os cambios ben no verbo porque estamos falando doutra persoa (he/she).



Solucións 4º - SEMANA 25 MAIO

Good morning everyone!

Aquí vos deixo as respostas das tarefas da semana:

Activity Book, page 52: 



Faltaría completar o debuxo co que indica cada oración. 




Solucións 3º - SEMANA 25 MAIO

Good morning!

Déixovos as respostas dalgúns exercicios desta semana. Falta o 3 porque foi o que me enviastes por correo. 

Activity Book, page 44: 




SEMANA DO 25 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello!

Recórdovos que tedes as respostas dalgúns dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións. O outro que me  enviastes, se a alguén non lle contestei aínda fareino ao longo da semana.😉

Para esta propóñovos comezar cun novo tema (o tema 5) para cambiar un pouco:

1) O título do tema é "At the market", polo tanto imos falar de productos que podemos mercar nun mercado. Mira o seguinte vídeo para aprender o vocabulario. Fíxate no significado e tamén pronunciación. 
Podes intentar repetir cada palabra despois de escoitala:



2) Para que practiques ese novo vocabulario aquí che deixo un enlace á aplicación Quizlet (que xa usamos outra vez). Xa sabes como vai, tes que ir escollendo as distintas actividades na columna da esquerda. O enlace é: https://quizlet.com/_8fc2km?x=1jqt&i=2tqrw5

3) Por último, podes facer a páxina 50 do Activity Book.
Para facer as oracións do exercicio 1 tes que diferenciar dúas palabras para falar de cantidade.

  • SOME (algún/s, algunha/s): Emprégase en oracións AFIRMATIVAS
  • ANY (algúns/as, ningúns/as): Emprégase en oracións NEGATIVAS e PREGUNTAS
For example: He's going to buy some cheese. He isn't going to buy any cheese. Is he going to buy any cheese?

No exercicio 2, mira as 4 receitas e pregúntalle a alguén que teñas pola casa cal lle gustaría facer. Logo, completas o exercicio 3. Escribes o nome da receita e fas 2 oracións coma as do exercicio 1 (unha afirmativa e unha negativa) Déixoche un exemplo:
My partner is going to make chocolate cake. She's going to buy some chocolate. She isn't going to buy any eggs. 

Estarán as solucións coma sempre na fin de semana para que poidas correxir! Calquera dúbida, envíame unha mensaxe. REGARDS!😘

SEMANA DO 25 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello!

Recórdovos que tedes as respostas dalgúns dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións. O  que  me enviastes, se a alguén non lle contestei aínda fareino ao longo da semana.😉

Para esta propóñovos comezar cun novo tema! Summer is coming... (O verán está vindo...), entón creo que vos vai gustar máis o tema 6 que o 5, por iso imos empezar por el:

1) O título do tema é "At the beach", polo tanto imos falar de cousas que podemos facer na praia, ou, en xeral, no verán. Mira o seguinte vídeo para aprender o vocabulario. Fíxate no significado e tamén pronunciación. 
Podes intentar repetir cada expresión despois de escoitala:


2) Para que practiques ese novo vocabulario aquí che deixo un enlace á aplicación Quizlet (que xa usamos outra vez). Xa sabes como vai, tes que ir escollendo as distintas actividades na columna da esquerda. O enlace é: https://quizlet.com/_8fc140?x=1jqt&i=2tqrw5

3) Por último, podes facer a páxina 60 do Activity Book.
No exercicio 2 completas a primeira fila sobre ti, sobre a frecuencia coa que fas esas cousas cando vas á praia. Recorda:
⭐⭐⭐⭐ = always (sempre) ⭐⭐⭐= usually (a menudo) ⭐⭐= sometimes (ás veces) x= never (nunca)

A segunda fila tes que completala sobre outra persoa. Podes facelo sobre alguén da túa familia ou alguén que coñezas.

No exercicio 3 tes que escribir as oracións sobre a información que puxeches antes da outra persoa. Importante cando as escribas:
  • Xa sabes que ao falar doutra persoa (El-He) ou Ela-She), temos que engadir -s ou -es ao verbo ou usar algunha forma especial. Mira esta imaxe para facer os cambios ben:
  • Os adverbios de frecuencia acórdate que van antes do verbo. Aquí tes un exemplo: My partner sometimes stays in a hotel. She never goes camping. She sometimes makes sandcastles. She always has a picnic. She never has a barbecue. 

Terás as solucións coma sempre na fin de semana para correxir.
Regards!😘

SEMANA DO 25 DE MAIO - 4º PRIMARIA

Hello guys!
How is it going?😊

Recórdovos para os que non correxistes o da semana pasada que podedes ver as respostas no apartado de solucións.

Para esta semana propóñovos o seguinte:

1) A semana pasada xa vimos como falamos do que está facendo unha persoa, pero agora imos ver como o facemos sobre máis. Se non recordas o vocabulario podes volver á publicación da outra semana e ver a imaxe que che deixei sobre el. Fíxate nas seguintes preguntas e respostas:

  • What is he doing? He's ... Que está facendo el? El está... 
  • What is she doing? She's ... Que está facendo ela? Ela está...
  • What are they doing? They're... Que están facendo eles/elas? Eles/Elas están...
⚠☝👀 Acórdate que temos que engadirlle -ing ao verbo para responder. For example:
What are they doing? They're washing the strawberries. 

2) Para practicar isto, vai á páxina 64 do Class Book e mira o debuxo do exercicio 2 que imos traballar con el agora. Preme no enlace que che deixo despois. Cando entres nel, tes que poñer o teu nome e darlle a "start". Tes que elexir a opción correcta das distintas preguntas. Enlace á actividade:  QUIZ

3) Por último, podes facer a páxina 52 do Activity Book. No 2 tes que escribir a pregunta, unir cos números e completar o debuxo. No 3, escribir  oracións. Déixoche aquí o audio para o exercicio 1 (podes ir parándoo por números): 




Na fin de semana terás subidas as respostas para que corrixas estas actividades. Regards!😘

SEMANA DO 25 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hi guys! How are you?😊
Para os que aínda non correxistes o da semana pasada, recórdovos que tedes as respostas no apartado de solucións.

Esta semana propóñovos o seguinte: 

1) Na historia da semana pasada facían continuamente preguntas sobre os animais. Se non te acordas do vocabulario (furry, lively, colourful, funny, dangerous, noisy), podes ir ao vídeo que che deixei a semana anterior. Fíxate agora nestes dous tipos de preguntas: 


  • SINGULAR (para falar de 1 só animal): Is it ...? Yes, it is. / No, it isn't. For example: Is it furry? (É peludo?) No, it isn't. (Non, non é.).


  • PLURAL (para falar de máis de 1 animal): Are they...? Yes, they are. / No, they aren't. For example: Are they furry? (Son peludos?) Yes, they are. (Si, si que son).

2) Para practicar isto, vai á páxina 54 do Class Book e mira as imaxes do exercicio 2.
-Elixe un nome e pensa unha pregunta sobre unha das dúas fotos que saen del.
-Escribe esa pregunta coa súa resposta no mural que che deixo aquí abaixo poñendo o teu nome e curso ao final. Para escribila só tes que darlle a "añadir comentario" debaixo do nome que elixiches. Podes escribir a pregunta nalgún personaxe que xa teña, pero intenta que sexa distinta. 
 👀 FÍXATE: Se fas a pregunta sobre a foto de 1 só animal terá que ser en singular, se a fas sobre a foto na que hai varios terá que ser en plural.

Hecho con Padlet


3) Por último, para seguir practicando isto podes facer a páxina 44 do Activity Book. Aquí tes o audio para facer o exercicio 1, podes ir parándoo por números:




As preguntas do exercicio 3 podes enviarmas por correo (letiramos.teacher@gmail.com) porque non hai unha soa resposta correcta. Fíxate no singular e plural para facelas!

Solucións 6º - SEMANA 18 MAIO

Good morning!

Aquí tedes as solucións dos exercicios que non vos pedín que me mandásedes:

Activity Book, page 46:






Solucións 5º - SEMANA 18 MAIO

Hello!

Aquí vos deixo as solucións daqueles exercicios que non vos pedín que me mandásedes.

Activity Book, page 46:





Solucións 4º - SEMANA 18 MAIO

Hello!

Aquí vos deixo as respostas desta semana.

Activity Book, page 51:




Solucións 3º - SEMANA 18 MAIO

Hello!

Aquí tedes as respostas desta semana. 

Activity Book, page 43:




Nas oracións do 2 e do 4, "lively" e "funny" tamén valerían se están ao revés.

SEMANA DO 18 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello!! 
Recórdovos que tedes as respostas da semana pasada no apartado de solucións para poder correxir as vosas.😉

For this week (para esta semana):

1) Estamos a piques de cambiar de tema, pero antes imos traballar algo a parte escrita. 💪 Imos seguir falando de persoas, pero desta vez de personaxes de películas, contos ou obras de teatro. 📽📖Para iso, podes facer a páxina 46 do Activity Book.
No exercicio 2, tes que rodear 2 comparativos e 1 superlativo no texto. No exercicio 3 tes que completar a información que falta na táboa colléndoa do texto de arriba (exercicio 2). No exercicio 4 tes que completar o texto sacando a información da táboa do 3.

2) And now... it's your turn! (E agora... é o teu turno!). Se te fixas, no texto do 2 falábase sobre unha película e no texto do 4 sobre unha obra de teatro. Pois agora, tes que pensar nun libro (book), nunha película (film) ou nunha obra de teatro (play) que coñezas.

  • Primeiro: Completa a táboa do exercicio 5 da páxina 47 sobre o libro/película/obra que elixiches. Sigue o modelo da páxina anterior e axúdate tamén deste que che deixo aquí:

  • Segundo: No exercicio 6 da mesma páxina tes que escribir as oracións da información que puxeches antes (se non che colle, podes facelo na libreta). Aquí tes un exemplo na terceira columna de como se poden escribir: 

Podes enviarme unha foto SÓ desta última páxina (47), o resto de exercicios da páxina 46 poderás correxilos coas respostas que che subirei na fin de semana. 
REGARDS! 😊😊 (Saúdos!)

SEMANA DO 18 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello again!👋
Recórdovos que podedes pasar polo apartado de solucións para correxir as actividades da semana anterior.

Para esta nova semana:

1) Estamos a piques de rematar o tema! 💪Recordas o tema do listening da semana pasada? Pois continuamos falando de xente á que admiramos. Pero hoxe, en vez de escoitar, toca traballalo por escrito. Podes facer a páxina 46 do Activity Book.
No 2 tes que numerar as imaxes en orde seguindo o texto. No 3 tes que completar a táboa como o exemplo, pero quitando a información do texto do exercicio de arriba (2). No 4 tes que completar o texto pero quitando a información da táboa do exercicio anterior (3).

2) And now... it's your turn! (E agora... é o teu turno!). Pensa nunha persoa á que admires por algo, pode ser alguén famoso, alguén que coñezas ou alguén da túa familia.

  • Primeiro: a modo esquema completa a táboa que tes no exercicio 5 da páxina 47 do mesmo libro. Fíxate na táboa da páxina anterior e neste exemplo que che deixo a continuación para axudarte. Se hai algunha información que non sabes, podes inventala. 

  • Segundo: tes que escribir as oracións sobre a información que puxeches antes. Podes facelo no exercicio 6 (e se non che colle, sigues o modelo e falo na libreta). Na última columna desta imaxe podes ver como podemos escribir cada oración:
👀☝IMPORTANT! Cando falamos dos anos pasados, as oracións teñen que estar en pasado (fíxate nos exemplos); e cando falamos de hoxe (today), a oración está no presente. 



Podes enviarme SÓ este último exercicio por correo. Os exercicios da páxina 46 non fai falta, poderás correxilos coas respostas que subirei na fin de semana coma sempre.
REGARDS! 😊😊(Saúdos!)

SEMANA DO 18 DE MAIO - 4º PRIMARIA

Hello again!👋

Pasádevos polo apartado das solucións que tedes as respostas do listening da semana anterior.😉

For this week (para esta semana):

1) Esta semana toca... a STORY! Imos traballar coa historia que tes nas páxinas 62-63 do Class Book. Antes de vela, necesitamos coñecer algún vocabulario novo que nos vai saír nela:


Practícao co seguinte vídeo. Fíxate na súa pronunciación!


2) Agora xa estás list@ para ver a historia. Aquí cha deixo no seguinte vídeo. Se queres, ao mesmo tempo podes seguila polas páxinas do libro. 


3) Queres poñer a proba a túa memoria sobre a historia? Proba elixindo a opción correcta destas 6 preguntas:

 
4) Por último, fai a páxina 51 do Activity Book. Xa sabes, no exercicio 1 unes e no 3 escribes a túa opinión da historia.
*No exercicio 4, temos empregar o novo vocabulario e escribir oracións do que está facendo cada nen@.  Tes que usar unha palabra de cada recadro. Fíxate no exemplo:

He's digging up the potatoes. → Él está arrincando as patacas.  
Engadimos ao verbo -ing, para dicir "arrincando" e non "arrincar". Tes que engadirlle -ING ao verbo no resto das oracións que escribas! 
Tamén fíxate se é 👦(He) ou 👧 (She). 

Na fin de semana teredes as respostas no apartado de solucións para que poidades correxir vós mesm@s os exercicios escritos! 😉 Take care!😘




SEMANA DO 18 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hello again! 👋

We continue one more week!💪

Aquí tedes o desta nova semana: 

1) Hoxe toca... a STORY! Imos traballar coa historia que tes no Class Book nas páxinas 52-53. O título é "Mrs Bell's favourite animal". 
Pero, antes de vela, necesitas coñecer algún vocabulario novo que vai aparecer nela para describir aos animais: colourful (colorido), funny (gracioso), lively (alegre), noisy (ruidoso), furry (peludo) and  dangerous (perigoso).
Practícao co seguinte vídeo e fíxate na súa pronunciación!


2) Agora xa estás list@ para vela! Aquí cha deixo a continuación. Se queres, tamén podes seguila polo texto do libro ao mesmo tempo. 



3) Queres poñer a proba a túa memoria? Proba escollendo a opción correcta destas preguntas sobre a historia. 


4) Por último, fai a páxina 43 do Activity Book. Xa sabes, no exercicio 1 elixes "True" ou "False". No exercicio 2 coloreas a túa opinión. No exercicio 3, tes que practicar o novo vocabulario, pero fíxate no exemplo que tes feito:

Dos 3 adxectivos elixes un que defina a ambos animais e fas a oración sobre eles: They're ... → (Son...)
Logo, dos 2 adxectivos que quedan tes que facer a oración correspondente para cada animal: It's ... → (É...)

Na fin de semana teredes as respostas no apartado de solucións para que poidades correxir vós mesm@s os exercicios escritos! 😉 Take care!😘

Solucións 6º - SEMANA 11 MAIO

Hello!
Aquí tedes as solucións desta semana, excepto o exercicio 3 da páxina 49 que me tiñades que enviar por foto.
Calquera dúbida, mandádeme unha mensaxe.

  • Class Book, page 46,  1:



  • Multiple choice:


  • Class Book, page 46, 4:

Solucións 5º - SEMANA 11 MAIO

Hello!
Aquí vos deixo as respostas desta semana. Calquera dúbida, mandádeme un correo!😉

Class Book, page 46:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4





Solucións 4º - SEMANA 11 MAIO

Hello!
Deste semana só vos deixo as respostas do listening, xa que o exercicio de "My garden" xa mo enviastes ao correo.

Se algunha resposta non vos cadra, despois de correxir podedes escoitar de novo o audio a ver se lle atopades o sentido.

Activity Book, page 49:


Solucións 3º - SEMANA 11 MAIO

Hello!
Desta semana só vos deixo as respostas do listening, xa que o outro exercicio xa foi o que me enviastes por correo. 

Here you have: Activity Book, page 41:


SEMANA DO 11 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello, everyone!
Se aínda tedes sen correxir os exercicios sobre a canción da semana pasada, tedes as respostas no apartado de solucións. O outro das oracións en cadea xa era o que me enviastes por privado.

Aquí vos deixo a proposta desta semana:

1) Comeza cun "listening" (exercicio de escoitar) que tes na páxina 46 do Class Book
Como xa sabes, ao final de cada tema os personaxes que nos acompañan (Tara, Ben, Dex...) teñen que facer un traballo. Desta vez, tócalles falar sobre un festival. No "listening" que vas escoitar, van entrevistar a Ric Moon, un cantante que vai participar nel. 
  • Primeiro, na túa libreta pon a data e fai o exercicio 1 da páxina 46 do Class Book. Copias as palabras e RODEAS as que SI se mencionan no audio. Déixocho aquí a continuación:

  • Logo, fas o que che deixo a continuación. Volves escoitar o audio de antes (pódelo ir parando se queres), e escolles a resposta correcta das seguintes 6 preguntas (non fai falta que copies todo, coa resposta correcta chega):

3) Despois, fas o exercicio 4 da páxina 46 do Class Book tamén na libreta. Non fai falta que copies o texto, cos números e a resposta chega.  
Tes que poñer o adxectivo na forma comparativa ou superlativa correcta. 
☝☝AXUDA: Para saber se tes que facer un comparativo ou superlativo fíxate se na oración sae un  "than" (que che indicará que ten que ser comparativo porque se están comparando dúas cousas). Senón, terá que ser superlativo.

4) Por último, na mesma páxina, mira a táboa do exercicio 3. Ponlle de enunciado: Compare the singers. Mira o exemplo e escribe 2 oracións comparativas e 2 oracións superlativas.
Envíame SÓ ESTE EXERCICIO pola aplicación Classdojo ou correo. Todos os anteriores poderás correxilos ti, xa que na fin de semana subireiche as respostas.

Take care! See you soon!😄

SEMANA DO 11 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hi, everyone!👋 How are you this week?

Igual xa o vistes, pero deixéivos as respostas da semana pasada no apartado de solucións. Botádelles un ollo para correxir as vosas.

Para esta semana propóñovos:

1) Comeza cun "listening" (exercicio de escoitar) na páxina 46 do Class Book
Como xa sabes, ao final de cada tema os personaxes que nos acompañan (Dex, Tara...) realizan un traballo. Desta vez, nel teñen que falar dunha persoa que admiran. 
Neste "listening", Dex vai entrevistar a Tara para preguntarlle por esa persoa que ela admira.
  • Primeiro, pon a data na libreta e fai o exercicio 1. Escribes as palabras e tes que rodear as que NON se mencionan no audio. Aquí o tes para escoitar:

  • Despois, da mesma páxina fai o exercicio 2. Tes que copiar as oracións e rodear a palabra correcta. Para iso, volve a escoitar o audio de antes outra vez.
2) Na mesma páxina, pasa ao exercicio 3. Tamén na libreta, pon de enunciado "Ask and answer." Logo, respondes as preguntas de abaixo seguindo o exemplo da primeira. 
👀☝RECORDA O PAST SIMPLE! 


3) Por último, fai o exercicio 4 da mesma páxina. NON copies o texto. Escribe os números e xa as opcións correctas.

Durante a fin de semana teredes as respostas para que poidades correxir coma sempre. Calquera dúbida con algún exercicio contactade comigo! 
Take care!! 😊😊

SEMANA DO 11 DE MAIO - 4º PRIMARIA

Hi, guys! How are you? I miss you a lot! (Eu bótovos moito de menos!) 😊

Tedes as respostas dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións, botádelles un ollo!

Aquí vos deixo algo para esta semana:

1) Imos seguir traballando as preguntas e respostas que vimos a semana pasada. Recórdaas practicando co seguinte xogo.*Ao entrar preme en "play alone", logo para elexir a opción correcta premes no símbolo ✓ da opción correcta. Aquí tes o enlace: Horse Race - game

2) Agora, podes intentar facer un "listening" (exercicio de escoitar). É o exercicio 1 da páxina 49 do Activity Book e déixoche o audio a continuación. Da primeira vez podes ir parándoo como facíamos na clase. Logo podes escoitalo unha vez todo seguido para revisar as túas respostas.



3) Por último, como xa sei que sodes uns e unhas artistas, propóñovos algo de debuxar! A este exercicio faslle unha foto e envíasma por correo: letiramos.teacher@gmail.com

  • Nunha páxina da túa libreta pon de título: MY GARDEN. Escribe o teu nome nun dos lados tamén. 
  • Elixes algúns animais do tema e debúxalos nun xardín onde queiras. Aquí vos deixo o meu de exemplo, pero seguro que vós debuxades moito mellor ca min!😂😂
  • Debaixo de todo, escribes 4 preguntas coas 4 respostas sobre os animais que hai ou non hai. ☝👀 RECORDA:
→Are there any ...? (Hai algúns/algunhas...?) * Tes que escribir o nome do animal en PLURAL.
  Yes, there are. / No, there aren't.(Si, si que hai. / Non, non hai.)

As preguntas así xa valerían, pero se queres concretar máis podes xogar coas preposicións ( IN-dentro, ON-encima, UNDER-debaixo, NEAR-cerca) e as cousas que debuxes (tree, flowers, table, chair, lettuces...). Aquí tes algúns exemplos:

→Are there any worms on the lettuces?(Hai algúns vermes encima das leitugas?)
→Are there any snails under the tree? (Hai algúns caracois debaixo da árbore?)
→Are there any spiders in the garden?(Hai algunhas arañas no xardín?)


See you soon!😊

SEMANA DO 11 DE MAIO - 3º PRIMARIA

Hi, guys! How are you? I miss you a lot! (Eu bótovos moito de menos!) 😊

Tedes as respostas dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións, botádelles un ollo!

Aquí vos deixo o desta semana:

1) Para comezar, déixoche dúas cancións para que practiques as preposicións. Espero que che gusten! Fíxate nos xestos que fan coas mans na 1ª, intenta copialos mentres cantas. Seguro que despois te vas acordar deles e iso che axuda a acordarte das preposicións.




2) Agora, podes intentar facer un "listening" (exercicio de escoitar). É o exercicio 1 da páxina 41 do Activity Book e tes o audio a continuación. Podes ir parándoo da primeira vez como facíamos na clase, e logo ao final poñelo unha todo seguido para revisar as túas respostas.



3) Por último, como sei que sodes uns e unhas artistas, propóñovos algo de debuxar! A esta actividade faslle unha foto e envíasma por correo: letiramos.teacher@gmail.com
  • Nunha páxina da túa libreta pon de título: MY ZOO. Escribe tamén o teu nome nun dos lados.
  • Elixe algúns animais do tema e debúxaos onde queiras. 
  • Debaixo escribes 3 preguntas coas 3 respostas sobre o lugar onde están tres dos animais.  Pero... ☝👀 RECORDA:
→ Se vas falar en SINGULAR: Where's the parrot? It's ...

→ Se vas falar en PLURAL: Where are the parrots? They're ...

Queredes algunha idea para organizalo? Aquí tedes unha sinxela, pero podedes facelo como vós queirades!

Ah, e aquí vos deixo o meu! Pero estou segura de que vós debuxades moito mellor ca min! 😂😂



Solucións 6º - SEMANA 4 MAIO

Hello!!
Aquí tedes as respostas dos exercicios da canción para que poidades correxilos. 
Os do Activity Book son como facíamos nos outros temas, pero se tedes dúbidas podedes enviarmos e confírmovos se están ben.
  • Class Book, page 44:



Solucións 5º - SEMANA 4 MAIO

Hello!
Aquí tedes as respostas do proposto para esta semana para que poidades correxir. Calquera dúbida con elas, xa sabedes que podedes contactar comigo.


  • Class Book, page 44: (pinchade nas imaxes se queredes velas máis grandes)




  • Activity Book, page 44: (Falta o 1, pero nel non creo que haxa problema xa que é como facíamos no resto de temas.)




Solucións 4º - SEMANA 4 MAIO

Hello! 
Aquí vos deixo as respostas para que poidades comprobar o desta semana. Calquera dúbida con elas, xa sabedes que podedes contactar comigo. Lémbrovos o correo: letiramos.teacher@gmail.com

  • A letra que corresponde con cada parte da canción (Class Book, páxina 59): 1-B, 2-C e 3-F.
  • Activity Book, page 49:



Solucións 3º - SEMANA 4 MAIO

Hi! 👋

Aquí vos deixo as respostas para que comprobedes as tarefas propostas. Calquera dúbida, xa sabedes que podedes contactar comigo. Lémbrovos o correo: letiramos.teacher@gmail.com

  • A canción da páxina 49 do Class Book correspóndese co mapa 2. Seguro que acertaches!👏
  • Activity Book, page 41:


lake (lago)
path (camiño)


Se tes outras respostas distintas neste exercicio e queres saber se están ben, podes enviarmas por correo e corríxochas.



SEMANA DO 4 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello, everyone! 👋 How are you? 😊

Seguimos traballando unha semana máis. Desta vez propóñovos o seguinte:

1) Let's start with music! Na páxina 44 do Class Book tes a canción do tema. 
O título é "Walk tall", que se o traducimos literalmente sería "Camiña alto". Que quererá dicir? Hai un adxectivo que vimos neste tema que está relacionado, sabes cal pode ser? Trátase de "confident". "To be confident" (Estar seguro dun mesm@) podemos dicir que é sinónimo de "walk tall". 
  • Primeiro, mira a letra da canción e escribe na túa libreta a opción en negriña que pensas que é a correcta en cada número. Podes facer algo así, practicando tamén a data:
  • Logo, aquí che deixo a canción para que a escoites e tamén poidas comprobar as respostas anteriores:

  • Despois, escribe as tres oracións do exercicio 3 que tamén son sobre a canción e di se son "true" ou "false". 
2) Seguindo coa canción, na páxina 44 do Activity Book podes facer os exercicios 1 e 2 como facíamos sempre na clase.

3) Por último, para que non te esquezas dos adxectivos, tes que facer a seguinte actividade na libreta. Pónlle como título: Comparative sentences chain.
A actividade vai consistir en ordenar unhas imaxes como queiras, e ir comparando a que vas engadindo xusto coa que puxeches antes.
Intenta empregar diferentes adxectivos de cada vez. Aquí che deixo unha lista que che pode axudar a maiores dos que xa coñeces do tema (generous, careful, kind...). Fíxate no número de sílabas e se rematan en -y para facer ben o comparativo!


  • Mira as seguintes imaxes, elixes dúas delas para comezar a cadea e escribes unha frase comparándoas.

  • Despois, elixes outra imaxe distinta, e escribes unha frase comparándoa xusto coa anterior imaxe que puxeches.
  • A continuación, volves facer o mesmo, elixes outra imaxe que non usaras e compárala xusto coa que engadiches antes. Así ata que remates de usar todas as imaxes e che queden un total de 7 oracións.
Como cada persoa pode facer as oracións de forma distinta, podes facerlle unha foto a este exercicio e envíasma para correxir pola aplicación ClassDojo ou por correo. O resto sobre a canción non fai falta, xa que subirei as respostas outra vez ao final da semana.

Have a good week!😀

SEMANA DO 4 DE MAIO - 5º PRIMARIA

Hello, guys! 👋 How is it going? 😊

Continuamos traballando e para esta semana propóñovos o seguinte:

1) Let's start with music! Na páxina 44 do Class Book terás a letra da canción do tema.

  • Primeiro, mira a letra e escribe na túa libreta cal das opcións en negriña é a correcta en cada número para formar o pasado. Podes facer algo así:

  • Logo, aquí tes o vídeo coa canción para que a escoites e poidas comprobar tamén as respostas:

  • Despois, na libreta copia as preguntas do exercicio 3 desa mesma páxina e respóndeas. Son sobre a canción, polo tanto atoparás as respostas na letra. 
2) Seguindo coa canción, na páxina 44 do Activity Book podes facer o exercicio 1 (como facíamos sempre nos outros temas), e tamén o exercicio 2. 

3) Por último, imos practicar un pouco máis o pasado. Estes días de confinamento na casa seguro que estiveches facendo moitas cousas para non aburrirte. Mira esta lista, coincides con algunha?


O que tes que facer agora é deixar un curto comentario no mural de abaixo como o meu que tes de exemplo. Para iso, só tes que premer no símbolo +.
Nese comentario tes que responder á pregunta "What did you do during the quarantine?" (Que fixeches durante a cuarentena?). 
As oracións poden estar en afirmativo ou en negativo, pero teñen que estar en pasado. Recorda como se facía e ten coidado cos verbos irregulares!! ☝ PISTA: Na lista de arriba son todos regulares menos "do" que fai o pasado en "did", "go" que xa vimos que fai o pasado en "went" e "read" que fai o pasado tamén en "read".

Podes elixir ideas da lista pero se queres tamén podes empregar outras.

Hecho con Padlet