SEMANA DO 8 DE XUÑO - 6º PRIMARIA

Hello! 👋 How are you today?

Recordade correxir as actividades da semana pasada mirando o que vos subín ao apartado de solucións.

Para esta nova semana, aquí vos deixo as propostas:

1) Recorda que hai algunhas cousas contables e outras incontables:

  • CONTABLES: Teñen singular e plural. Utilizamos a forma plural con: There are.../ There aren't...
  • INCONTABLES: Só teñen singular. Utilizamos: There's ... / There isn't...
Para que practiques iso cos cuantificadores que vimos (any, some, lots of, a few, a little), elixe a opción correcta no seguinte xogo:


2) Agora, podes facer o exercicio 4 da páxina 51 do Activity Book. Tes que diseñar a "tasty sandwich" (un saboroso bocata) e escribir as oracións cos ingredientes que hai nel e a súa cantidade.
Toma como exemplo as oracións do exercicio 3 para usar os cuantificadores. 
Envíame unha foto SÓ deste exercicio para correxir.

3) Por último, podes facer tamén a páxina 96 do Activity Book. Axúdate da teoría que tes arriba da páxina.
Fíxate se os alimentos son contables ou incontables para facer tanto as preguntas como as respostas.
  • CONTABLES: Are there any...? (e o alimento en plural)
  • INCONTABLES: Is there any...? (e o alimento en singular) 
Aquí che deixo unha lista dalgúns deles que che saen no tema por se che é de axuda:


Na fin de semana terás subidas as solucións desta páxina 96 para que poidas correxila. 😉Se tes algunha dúbida cando fagas algún dos exercicios, non dubides en falarme. 
Have a good week!😊