SEMANA DO 8 DE XUÑO - 5º PRIMARIA

Hi! 👋 How are you?

Recordade correxir as actividades da semana pasada que vos deixei coma sempre no apartado de solucións.

Esta semana podedes facer o seguinte:

1) A semana pasada estivemos vendo o "GOING TO", que o usábamos para falar de plans que temos pensados para facer nun futuro. 
Recorda como se formaba:

SUBJET (suxeito) + VERB TO BE + GOING TO + ACTION 

For example: I'm going to go to the cinema. She's going to have a picnic with her friends. They're going to visit their cousins. 

Practica escollendo a opción correcta das seguintes oracións:


2) Agora, continúa practicando na páxina 61 do Activity Book
No exercicio 4 tes que escribir as dúas oracións sobre o FIN DE SEMANA de Jane que escoitaches no exercicio 3. 
No exercicio 5 tes que escribir 2-3 oracións sobre os teus plans para o próximo fin de semana (I'm going to.../I'm not going to...). 
Deixa un comentario neste muro (tes o meu de exemplo) coas oracións que escribiches sobre ti: 

Hecho con Padlet

3) Para rematar, podes facer tamén a páxina 90 do Activity Book

Na fin de semana terás as respostas subidas para que poidas correxir todos estes exercicios escritos.
Have a good week! 😉😊