SEMANA DO 8 DE XUÑO - 4º PRIMARIA

Hi!👋 How are you today?

Se aínda non correxistes o da semana pasada recordade comprobar as respostas no apartado de solucións.

Para ir rematando o tema, esta semana déixovos o seguinte:

1)Para comezar, test your memory! (Pon a proba a túa memoria) Aquí tes un xogo do aforcado con todo o vocabulario que vimos durante este tema, para que comprobes se o recordas:


2) Agora, podes completar o picture dictionary que tes na páxina 78 do Activity Book.

3) Para rematar, podes facer  a páxina 55 do Activity Book. No exercicio 2 tes que escribir un pequeno texto sobre os teus insectos favoritos (non fai falta que completes os recadros de arriba.
Nese texto podes incluír a seguinte información:

My favourite insects are... (O nome en plural do teu insecto favorito).
They are ...  (Algúns adxectivos que os describan: big-grandes, small-pequenos, brown-marróns, black-negros, red-vermellos, green-verdes, funny-graciosos, dangerous-perigosos, fast-rápidos, slow-lentos ...)
They can ... (Algo que poidan facer: jump-saltar, fly-voar, walk- camiñar, swim-nadar...)
They can't ... (Algo que NON poidan facer.)

Podes enviarme unha foto deste último exercicio por correo para correxir! 😉
Have a good week!😊