SEMANA DO 27 DE ABRIL - 3º PRIMARIA

Hello everyone! How are you?

Como xa traballamos bastante sobre o tema 4, propóñovos facer algo do 5, que trata sobre os animais e seguro que vos gusta moito!

Esta semana o que podedes facer é:

1) Mira o seguinte vídeo e fíxate na pronunciación do novo vocabulario. Trata de repetir cada palabra despois de escoitala. Podes velo tantas veces como precises!



2)Agora, para practicalo imos empregar a app "Quizlet". Non tes que rexistrarte en ningún momento, se cho suxire volves atrás e entras de novo. Déixoche o enlace debaixo.  Ao entrar terás varias actividades que vas elexindo na columna da esquerda.

  • En "FICHAS" poderás ir pasando as imaxes e velas asociadas coa súa palabra escrita.
  • En "APRENDER" terás que ir elexindo ou escribindo a palabra correcta. 
  • En "ESCRIBIR" terás que escribir a palabra que corresponde a cada foto. Ao darlle a intro xa se che vai pasando e correxindo todo.
  • En "ORTOGRAFÍA" terás que escribir a palabra que escoites. Da primeira vez preme no símbolo do altavoz, logo xa vai sólo.
  • En "PROBAR" tes distintos tipos de preguntas para poñer a proba todo o vocabulario.
  • En "COMBINAR" terás que levar cada palabra enriba da foto correcta.
  • En "GRAVEDAD" tes un xogo no que terás que elexir primeiro a dificultade.
3) Para rematar, xa que tedes os libros na casa, podes facer a páxina 40 do Activity Book. Recordade que podedes axudarvos do Class Book. 

Take care! See you soon!😘😘