SEMANA DO 27 DE ABRIL - 4º PRIMARIA

Hello everyone! How are you?

Como o tema 4 o deixamos case rematado, podemos comezar cun novo. Penso que vos vai gustar máis o tema 6 que o 5, polo tanto propóñovos empezar por el. A cousa vai de ANIMALS! Animals we can find in the garden!

Esta semana o que podedes facer é:

1) Mira o seguinte vídeo e fíxate na pronunciación do novo vocabulario. Trata de repetir cada palabra despois de escoitala. Podes velo tantas veces como precises!


2)Agora, para practicalo imos empregar a app "Quizlet" (Non tes que rexistrarte en ningún momento, se che propón facelo, volve atrás e entra de novo). Déixoche o enlace debaixo.  Ao entrar terás varias actividades que vas elexindo na columna da esquerda.

  • En "FICHAS" poderás ir pasando as imaxes e velas asociadas coa súa palabra escrita.
  • En "APRENDER" terás que ir elexindo ou escribindo a palabra correcta. 
  • En "ESCRIBIR" terás que escribir a palabra que corresponde a cada foto. Ao darlle a intro xa se che vai pasando e correxindo todo.
  • En "ORTOGRAFÍA" terás que escribir a palabra que escoites. Da primeira vez preme no símbolo do altavoz, logo xa vai sólo.
  • En "PROBAR" tes distintos tipos de preguntas para poñer a proba todo o vocabulario.
  • En "COMBINAR" terás que levar cada palabra enriba da foto correcta.
  • En "GRAVEDAD" tes un xogo no que terás que elexir primeiro a dificultade.

3) Para rematar, xa que tedes os libros na casa, podes facer a páxina 48 do Activity Book. Recorda que podes axudarte do Class Book (páxina 58). Algún vocabulario que precisas recordar para facer un dos exercicios déixocho nesta imaxe:




Take care! See you soon!😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.