SEMANA DO 27 DE ABRIL - 6º PRIMARIA

Hello! How are you? I hope you are fine!👍

Se lembrades, os últimos días no cole quedamos vendo o tema 4 que trataba sobre adxectivos para describir persoas e tamén os graos comparativo e superlativo. 
Para seguir rematando nel, esta semana propóñovos facer o seguinte:

1) Para que lembres os adxectivos que vimos, imos empregar a app "Quizlet", pero non necesitas rexistrarte, se cho suxire volves atrás e entras de novo. Déixoche o enlace debaixo e unha vez que accedas terás varias actividades que vas elexindo na columna da esquerda.


2) Déixoche a seguinte imaxe a modo resumo na que podes pinchar para ver como facíamos o comparativo e o superlativo dos adxectivos. De todas formas, xa tes que ter algo parecido anotado na túa libreta.
Despois de repasalo, podes facer a páxina 95 do Activity Book e do mesmo libro o exercicio 2 da páxina 43.

OS DE INFERIORIDADE:
  • Para todos os casos do comparativo: "less ...than" (menos...que)
  • Para todos os casos do superlativo: "the least ..." (o menos...)
3) Finalmente, déixoche a continuación un enlace a un xogo para poñerte a proba e practicar un pouco máis. Ao entrar, elixes "No teams" ou "1 team" e premes "START". Logo, tes que premer nos puntos que queres, sáeche a pregunta e despois para ver a resposta premes a tecla de espacio. Para saír premes a tecla "esc" e xa volves ao panel para elexir outra pregunta nova. 
En vez de facelo mentalmente, podes ir escribindo as respostas no caderno e así tamén practicas a forma escrita.
O enlace ao xogo é: https://jeopardylabs.com/play/oxford-rooftops-6-unit-4

Take care! I hope to see you soon!😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.