SEMANA DO 1 DE XUÑO - 4º PRIMARIA

Hello, everyone!

Today, we start a new month: JUNE! Summer is coming!🌞

Para seguir co tema propóñovos o seguinte para esta semana:

1) Para recordar as preguntas e respostas sobre o que hai ou non nun sitio imos facer unha actividade de ler e debuxar (read and draw). 🖉 Vai á páxina 54 do Activity Book e lendo as oracións da seguinte imaxe completa o debuxo do exercicio 2 cos animais que saen arriba da páxina:


2) Despois, para seguir con iso, podes facer a páxina 70 do Activity Book.

3) Agora, para repasar a pregunta e resposta sobre o que está facendo alguén fai a seguinte actividade. Dálle a"OK" e logo vai pinchando nos ocos para elexir a opción correcta:



4) Por último, tendo en conta a actividade anterior, fai a páxina 71 do Activity Book.

Na fin de semana terás subidas as solucións destas páxinas do libro para que poidas correxilas. 😉

Ah! E xa que vos comentaba ao principio que comezaba un novo mes, se queres practicar como se dicían os meses do ano en Inglés, preme no seguinte enlace para escoitar unha canción sobre eles: MONTHS OF THE YEAR