SEMANA DO 1 DE XUÑO - 3º PRIMARIA

Hello!
Hoxe comezamos novo mes! We start JUNE! Summer is coming!🌞 

Para seguir co tema que estamos, as propostas desta semana son:

1) Para repasar as preguntas e respostas sobre a localización de animais, imos facer unha actividade de escoitar e debuxar (listen and draw). Vai á páxina 46 do Activity Book e escoitando o seguinte vídeo completa o debuxo da parte de abaixo que di "My friend's zoo":




2) Despois do anterior, podes facer a páxina 68 do Activity Book.
Fíxate no singular e no plural:
Where's the ...? It's ...
Where are the ...? They're ...

3) Agora, imos repasar o outro tipo de pregunta e resposta usando adxectivos para falar de animais. Preme no seguinte enlace para practicar cun xogo: Horse Race - GAME (Para empezar preme en "OK" e "jugar sólo". Logo  no símbolo ✓  de cada opción correcta.)

4) Por último, repasa esta parte facendo a páxina 69 do Activity Book.
Fíxate tamén no singular e no plural:
Is it ...? Yes, it is. / No, it isn't.
Are they ...? Yes, they are. / No, they aren't.

Na fin de semana estarán subidas coma sempre as solucións dos exercicios do libro para que poidas correxilos. 😉

Ah! E xa que vos comentaba ao principio que comezaba un novo mes, se queres practicar como se dicían os meses do ano en Inglés, preme no seguinte enlace para escoitar unha canción que xa vimos na clase sobre eles: MONTHS OF THE YEAR