SEMANA DO 25 DE MAIO - 6º PRIMARIA

Hello!

Recórdovos que tedes as respostas dalgúns dos exercicios da semana pasada no apartado de solucións. O outro que me  enviastes, se a alguén non lle contestei aínda fareino ao longo da semana.😉

Para esta propóñovos comezar cun novo tema (o tema 5) para cambiar un pouco:

1) O título do tema é "At the market", polo tanto imos falar de productos que podemos mercar nun mercado. Mira o seguinte vídeo para aprender o vocabulario. Fíxate no significado e tamén pronunciación. 
Podes intentar repetir cada palabra despois de escoitala:



2) Para que practiques ese novo vocabulario aquí che deixo un enlace á aplicación Quizlet (que xa usamos outra vez). Xa sabes como vai, tes que ir escollendo as distintas actividades na columna da esquerda. O enlace é: https://quizlet.com/_8fc2km?x=1jqt&i=2tqrw5

3) Por último, podes facer a páxina 50 do Activity Book.
Para facer as oracións do exercicio 1 tes que diferenciar dúas palabras para falar de cantidade.

  • SOME (algún/s, algunha/s): Emprégase en oracións AFIRMATIVAS
  • ANY (algúns/as, ningúns/as): Emprégase en oracións NEGATIVAS e PREGUNTAS
For example: He's going to buy some cheese. He isn't going to buy any cheese. Is he going to buy any cheese?

No exercicio 2, mira as 4 receitas e pregúntalle a alguén que teñas pola casa cal lle gustaría facer. Logo, completas o exercicio 3. Escribes o nome da receita e fas 2 oracións coma as do exercicio 1 (unha afirmativa e unha negativa) Déixoche un exemplo:
My partner is going to make chocolate cake. She's going to buy some chocolate. She isn't going to buy any eggs. 

Estarán as solucións coma sempre na fin de semana para que poidas correxir! Calquera dúbida, envíame unha mensaxe. REGARDS!😘