Hello guys!
How is it going?😊
Recórdovos para os que non correxistes o da semana pasada que podedes ver as respostas no apartado de solucións.
Para esta semana propóñovos o seguinte:
1) A semana pasada xa vimos como falamos do que está facendo unha persoa, pero agora imos ver como o facemos sobre máis. Se non recordas o vocabulario podes volver á publicación da outra semana e ver a imaxe que che deixei sobre el. Fíxate nas seguintes preguntas e respostas:
- What is he doing? He's ... Que está facendo el? El está...
- What is she doing? She's ... Que está facendo ela? Ela está...
- What are they doing? They're... Que están facendo eles/elas? Eles/Elas están...
⚠☝👀 Acórdate que temos que engadirlle -ing ao verbo para responder. For example:
What are they doing? They're washing the strawberries.
2) Para practicar isto, vai á páxina 64 do Class Book e mira o debuxo do exercicio 2 que imos traballar con el agora. Preme no enlace que che deixo despois. Cando entres nel, tes que poñer o teu nome e darlle a "start". Tes que elexir a opción correcta das distintas preguntas. Enlace á actividade: QUIZ
3) Por último, podes facer a páxina 52 do Activity Book. No 2 tes que escribir a pregunta, unir cos números e completar o debuxo. No 3, escribir oracións. Déixoche aquí o audio para o exercicio 1 (podes ir parándoo por números):
Na fin de semana terás subidas as respostas para que corrixas estas actividades. Regards!😘
Na fin de semana terás subidas as respostas para que corrixas estas actividades. Regards!😘