Hello everyone! How are you? I hope you are fine!👍
Se lembrades, quedamos rematando o tema 4 do libro que trataba sobre algúns traballos (JOBS) e tamén o pasado simple (PAST SIMPLE).
Para continuar con el, esta semana propóñovos o seguinte:
1) Para que recordes un pouco o vocabulario imos empregar a app "Quizlet". Non precisas rexistrarte en ningún momento, se cho suxire volves atrás e entras de novo. Déixoche o enlace debaixo. Ao entrar vaste atopar distintas actividades que podes ir escollendo na columna da esquerda:
O enlace é o seguinte: https://quizlet.com/_8cazus?x=1qqt&i=2tqrw5
2) Bótalle un ollo á seguinte imaxe para lembrar como facíamos o PAST SIMPLE. Seguro que tes algo parecido na libreta. Logo, podes facer o exercicio 2 da páxina 43 do Activity Book e a páxina 87 do Activity Book.
Na páxina 87, no primeiro exercicio terás que responder a pregunta e logo escribir a oración correcta. For example:
Did they play football? No, they didn't. They played basketball.
* Fíxate nos verbos do exercicio, porque pode que sexan dos irregulares e en vez de engadirlles -ed tes que cambialos pola outra forma que vimos.
|
Take care! See you soon!😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.